Archivos

Escollendo ao mellor deportista de Galicia (2ª parte)

Tódalas clasificacións teñen un punto subxectivo, pero tendo en conta os condicionantes xa explicados vamos a enumerar aos cinco mellores deportistas galegos da historia:

5. Ramiro Amarelle (fútbol, Ponteceso 1977): Pouco coñecido, Amarelle foi o impulsor do fútbol praia en España e referencia mundial no cambio de século. A modalidade de praia e moi reducida dentro das competicións FIFA. Nos primeiros anos era unha especie de cemiterio de elefantes onde xogadores retirados competían en verán. Amarelle, aínda que formado nos xuvenís do Deportivo, dedicou toda a súa carreira ao fútbol praia. Gañou títulos en España e Italia e foi elixido dúas veces mellor xogador mundial (2003 e 2008) e catro veces mellor futbolista europeo.

4. Pedro Campos (vela, Cuntis 1950): Primeiro como competidor e agora como director técnico, Campos comezou a navegar dende moi novo pola ría de Arousa. Agora que está tan en boga o turismo sostible él foi, artífice para uns e culpable para outros, de converter a Sanxenxo en lugar de vacacións e regatas. Foi sete veces campión do mundo en vela en diferentes categorías entre 1976 e 1994. A pesar de que hai regatistas galegos con presea olímpica a importancia de Campos radica en ser un pioneiro e saber dar o paso entre competidor, adestrador e promotor.

3. David Cal (piragüismo, Pontevedra 1982): Con un ouro olímpico e catro medallas de prata estamos ante o olímpico mais laureado de España e porén de Galicia. ¿Entón porque non é o primeiro na lista? Primeiramente, como piragüista pode participar en diferentes probas facilitando os seus éxitos fronte a outros deportes. Por outro lado, aínda que Galicia é potencia no mundo da piragua, falamos dun deporte que unicamente preocupa ao gran público cada catro anos.

Ademais dos seus éxitos olímpicos, Cal posúe un ouro mundial, tres pratas e un bronce. O caso de Cal tamén é un éxito do programa deportivo galego, xa que o de Aldán formouse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

2. Luís Suárez (fútbol, A Coruña 1935): O que impide a Luís ser considerado o mellor é que nunca foi considerado coma tal a nivel mundial. É o único Balón de Ouro español (1960), e ademais foi segundo (1961,1964) e terceiro (1965) noutras ocasións, pero naqueles anos esta distinción estaba reservada unicamente aos mellores de Europa. Pelé ou Garrincha, por exemplo, non formaban parte desta terna. Inda así, falamos dun dos mellores xogadores de fútbol da historia e xunto a Eusebio, Pelé ou Bobby Charlton o mellor futbolista da década dos sesenta.

Suárez formouse no fútbol modesto da Coruña e debutou no Deportivo antes de ser contratado polo Barcelona e posteriormente polo Inter de Milán converténdose na fichaxe máis cara da historia naquel momento. Colectivamente conseguiu unha Eurocopa con España, 2 Copas de Europa co Inter e títulos de Liga en España e en Italia. O paradoxo con Suárez é que é máis valorado no país transalpino ca na súa propia terra.

1. Javier Gómez Noya (tríatlon, Basilea 1983): É certo que o seu deporte é considerado minoritario. Tamén o é que falamos dunha disciplina da que unicamente nos acordamos cada catro anos e os galegos facémolo tamén nos campionatos porque temos varios representantes da nosa terra. Pero tamén o é que é o único deportista xunto a Amarelle que unanimemente foi elixido como mellor deportista do mundo, no caso de Gómez Noya ata en nove ocasións (e aínda lle queda corda polo menos ata 2020).

A diferenza co fútbol praia, o tríatlon é un deporte en alza con excelentes prestacións televisivas e cun número crecente de practicantes. Noya empezou practicando natación en Ferrol con moi bos rexistros a nivel nacional e con 15 anos decide probar nun tríatlon no que acaba no segundo posto. Tivo que esperar tres anos para competir por culpa dunha anomalía cardíaca, pero unha vez obtido o permiso médico a súa traxectoria mostrouse imparable. Actualmente é quíntuplo campión mundial (récord), catro veces campión europeo e unicamente se lle resiste a proba olímpica na que so puido ser prata en Londres 2012.


¿Quieres recibir un email cada vez que se publique una entrada nueva?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.